30-07-13 CURSO CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DO COLEXIO

-PECHADO- Certificación Enerxética de Edificios.  Organizaranse dous cursos un na Coruña e outro en Pontevedra cun máximo de 20 alumnos, para mediados de setembro e para outubro, respectivamente.

 

Serán de 12 horas en dous días, NON VENRES NIN SÁBADO, en principio para colexiados salvo que non se cubrisen prazas. É un curso no que se aprenderá a certificar un edificio, entendendo o funcionamento da aplicación e o significado e implicación dos distintos módulos que hai que cumprir.

Será necesario ter portátil. Todos os interesados enviar un correo electrónico a departamentotecnico@coitagalicia.org respectarase orde de inscrición. O curso terá un prezo simbólico para colexiados, 50 €, e 120 € para non colexiados.

A lista de admitidos e o peche do curso anunciaranse nesta mesma web