Diciembre 2019
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Comunicación con todos los Colegiados

07-02-14 EXPOSICIÓN CAMELIAS 2014 CONCELLO A CORUÑA

 

Un ano máis volve a exposición de Camelias á cidade da Coruña, como vén sendo habitual dende fai xa máis dunha década.

 

 

 

 

 

 

"Este fin de semana celebrarase na sala Proa do Pazo de Exposicións e Congresos (PALEXCO) unha nova edición da Exposición da Camelia, (días 8 e 9 de febreiro).

Representantes de viveiros, profesionais e afeccionados da camelia de toda Galicia daranse cita nesta exposición, que cumpre 11 anos e que se abrirá ao público o sábado 8 de febreiro dende as 17.30 horas ata as 21.00 horas. O domingo 9, o horario de apertura será de 11.00 a 21.00 horas. A actividade principal da exposición será a conferencia que o enxeñeiro agrónomo Guillermo Hermo Gómez ofrecerá, o sábado 8, ás 17.30 horas no Quiosco  Alfonso, sobre a ruta da camelia e o proxecto do pazo de Rubianes.

Os asistentes poderán, ademais de visitar a exposición, adquirir distintas especies desta planta.

A Coruña pertence ao circuíto de localidades galegas nas que se celebran exposicións da camelia co obxectivo de promover a cultura do cultivo, o coidado e o coñecemento da camelia entre todos os coruñeses, ademais de promover o patrimonio vexetal da cidade e da ruta da camelia galega na que se inclúen 12 lugares emblemáticos de Galicia, entre eles encóntrase o Pazo de Mariñán.

Este 2014 é relevante, ademais, para a cidade no que se refire á camelia, porque A Coruña será unha das protagonistas do Congreso Internacional da Camelia que este ano se celebra en Galicia. Desta forma, os participantes no evento finalizarán o seu paso polo congreso cunha visita guiada á cidade e unha recepción oficial"

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal