21-04-14 CIRCULAR SAN ISIDRO 2014

Como todos os anos por estas datas, empezamos a organización da festa do patrón, San Isidro. Escusa que empregamos cada ano para gozar cos compañeiros.

Na circular que se achega van todos os detalles.

Este ano vólvese ao formato restaurante e esta vez o elixido é o Pazo de Lestrove. Os accesos son moi doados pois está a menos de 500 m da saída da autoestrada AP-9, saída Padrón.

Para situarvos deixámosvos enlace con google maps.

CIRCULAR SAN ISIDRO 2014

PAZO DE LESTROVE