13-11-15 XORNADAS PERITACIÓN XUDICIAL- INICIACIÓN

XORNADAS ABERTAS SOBRE PERITACIÓN XUDICIAL E QUENDAS DE ACTUACIÓN: PECHADAS

Organízanse dúas xornadas de peritación xudicial de cara as novas listas para 2016.

1.  Pontevedra o sábado 21 de novembro no Palacete de Mendoza, Pza de Santa María s/n en horario de 10 a 13:45.

2. A Coruña o sábado 12 de decembro, aínda por concretar sitio e en horario de mañá.

Son xornadas gratuítas para colexiados e de 30€ non colexiados.

É obrigatorio enviar a ficha de inscrición que se adxunta con TODOS os datos que se requiren cumprimentados, e UNICAMENTE a departamentotecnico@coitagalicia.org.

 Como son prazas limitadas, admitiranse por rigorosa orde de inscrición, con prioridade os nosos colexiados ata cubrir prazas.

Ficha Inscripción Peritación Xudicial

Aqueles que se inscriban e non se presenten serán sancionados coa perda de prioridade en próximos cursos.

É importante lembrarvos que son xornadas de iniciación, onde se explicará basicamente os protocolos xudiciais.