Setembro 2017
L M X J V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1
Comunicación con todos los Colegiados
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Conozca nuestras Actividades Profesionales

16-12-16 SORTEO 14º SYMPOSIUM SANIDADE VEXETAL SEVILLA 2017

O Colexio sortea, entre aqueles que esteades interesados/as en asistir, catro inscricións (só a inscrición) para o 14º Symposium Nacional de Sanidade Vexetal, que se celebrará en Sevilla os vindeiros 25,26 e 27 de xaneiro

A Xunta de Goberno entendemos que, ademais do evidente interese profesional que sempre teñen este tipo de eventos, a actual conxuntura cos últimos cambios normativos habidos a raíz da publicación dos RRDD 1311/2012 (uso sostible dos fitosanitarios), e 1702/2011 (inspeccións técnicas de equipos de tratamentos fitosanitarios”, e outras normas; e os últimos avances tecnolóxicos (agricultura de precisión, emprego de “dróns”, etc....) apuntan a que a sanidade vexetal está a consolidar o papel que lle corresponde no eido da trazabilidade, a seguridade alimentaria, e incluso o respecto polo medio ambiente.

 

Os interesados deben enviar un correo electrónico á dirección departamentotecnico@coitagalicia.org co asunto "SEVILLA", únicamente a esta dirección de mail, onde especifiquen o nome completo e nº de colexiado."

Lembrade que se trata de sortear só a inscrición (non o resto de gastos, que correrán pola conta dos/as interesado/as).

Para poder acceder ao sorteo, aparte de facer a inscrición como moi tarde o 04 de xaneiro, hai que estar ao corrente das obrigas colexiais, nese momento.

Os/as agraciados/as adquiren o compromiso firme de asistir, agás causa xustificada de forza maior. A asistencia comprobarase coa organización do Symposium.

A non asistencia ao "symposium" dará lugar ao rexeitamento de calquera solicitude que o/a non asistente faga ao colexio en materia formativa (inscrición en cursos, becas, etc.) durante 2017 e 2018.

Porén, non hai inconveniente en que si non pode asistir, traslade ese dereito a calquera "colexiado/a" que asista no seu lugar, extremo que haberá de ser comunicado ao colexio para que teña validez.

Neste punto, procede publicar o xeito en que se vai producir o sorteo:

1- O día 04/01/2017 ás 00:00 se cerrará a inscrición.

2- Acto seguido publicarase na web a relación de inscritos/as, e as participacións no sorteo que xoga cada un.

3- As participacións van do 00 ao 99 (100 participacións, en total, agás que o número de participantes exceda a centena, caso no que as participacións serán do 000 ao 999).

4- O total de participacións se repartirá entre os/as inscritos/as outorgándolles un número enteiro destas. Os restos xógaos o Colexio, reservándose a Xunta de Goberno o destino desas participacións, cunha única limitación, en caso de ser o agraciado, que é outorgarlle o seu disfrute a algún/a colexiado/a.

 5- O sorteo levarase a efecto en combinación co Sorteo da Lotería Nacional do sábado 06 de xaneiro de 2017, co seguinte reparto de premios:

2 últimas cifras do 1º Premio, 1 inscrición.
2 últimas cifras do 2º Premio, 1 inscrición.
2 últimas cifras do 3º Premio, 1 inscrición.

6- E co Sorteo do Cuponazo da ONCE, da mesma data 06/01/17.
2 úlitmas cifras do 1º Premio, 1 inscrición.

Información Symposium

 

 

 

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal