Xa temos data para a xornada de GML. Desenvolverase o venres 3 de febreiro en xornada de mañá, na Escola Galega de Administracións Públicas, EGAP en Santiago de Compostela.
Como se adiantou anteriormente, a xornada ten un prato forte que está baseado na aplicación GMLCAT, que deberiades obter a través do Colexio de Andalucía Occidental (http://agricolas.org/curso-formacion-online-generacion-ficheros-gml/ ), e é precisamente o seu creador con quen vou a contar, de aí a importancia de que esteades familiarizados co programa.
Como se prevé que seredes moitos, neste punto gustaríame que empezásedes a enviar algunhas das dúbidas que xa se vos expuxeron para ir facendo unha listaxe con elas e tentar tratar eses temas alí. De igual forma convídovos a que me fagades chegar os vosos comentarios/dubidas/queixas respecto da coordinación entre catastro-rexistro-notarías, para coñecer de primeira man as vosas inquietudes e se está na man do colexio, tomar algún tipo de medida.
O aforamento é grande, pero como sabemos que este tema levanta bastante interese, será condición sine qua non facer a inscrición a través dun mail UNICAMENTE a departamentotecnico@coitagalicia.org , non se atenderán solicitudes que non veñan por esta vía. Deberá especificarase no corpo da mensaxe o nome completo e nº de colexiado.
Podedes enviar as vosas dúbidas/comentarios tamén a este mail e co asunto GMLCAT – Inscripción ou GMLCAT- Comentario segundo corresponda.