01-02-18 CURSO PRACTICO TRAMITACIONS CATASTRO EN PONTEVEDRA

Está a organizarse un curso sobre as tramitacións con catastro e a conversión da documentación a formato GML. Está organizado desde a Delegación de Pontevedra, por tanto os interesados apuntarvos directamente alí enviando un mail con todos vuestros datos a delegacionpontevedra@coitagalicia.org.

Curso práctico de aplicación dos requisitos xurídicos e técnicos da lei 13/2015, reforma da lei hipotecaria e do Catastro, os días 23 e 24 de febreiro,2 -3 E 9 -10 de marzo, con horario os venres, de 16.00 a 20.00 h. e os sábados de 10.00 a 14.00 horas, salvo cambios de última hora. Prazas limitadas.

O curso impartirase en Pontevedra cun custo de 250 € por alumno cunha bolsa para colexiados ao corrente das súas obrigas, de 100€ que se abonarán despois da finalización do mesmo presentando certificado de aproveitamento.