Outubro 2018
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Mejora Continua de los Servicios Colegiales

26-03-18 Xornada informativa sobre convocatoria axudas 2018- Plans empresariais

O pasado 23 de marzo, no Salón de Plenos do Concello de Ordes (A Coruña), celebróuse unha xornada informativa sobre o Orde de axudas á modernización das explotacións agrarias, publicada pola Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia.

A orde saiu publicada no DOG do 16 de marzo, e o prazo de solicitude remata o luns 16 de abril.

O obxectivo da Xornada era presentar aos técnicos proxectistas e asesores para redacción dos “plans de empresa”, e aos propios xestores da administración, as principais novidades das distintas liñas de axudas, e poñer en común os principais atrancos que uns e outros atopan no seu labor, especialmente no que atinxe á redacción dos plans de empresa, que son dende a aprobación do PDR 2014/2020, o aspecto que maiores dificultades están a orixinar dada a súa novidade en relación coas axudas do anterior período.

A xornada, organizada e impartida por personal do Servizo de explotacións agrarias de A Coruña, contou coa colaboración do COITA A Coruña e Pontevedra, para a súa organización e difusión, que se traduciu nunha asistencia de 44 persoas, das que 29 eran colexiados de seu.

Ao acto asistiron para a súa presentación e inauguración o Delegado Territorial da Xunta en A Coruña, D. Ovidio Rodeiro Tato e o Xefe Territorial do Medio Rural, D. Manuel Rodríguez Vázquez.

 

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal