Setembro 2018
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales

08-05-18 NOVAS NA AXENDA DO SAN ISIDRO 2018

Este ano, cursámoslle invitación á Conselleira do Medio Rural para que asistira, se lle encaixaba na súa axenda, aos actos de conmemoración da festividade do noso Patrón, San Isidro, a desenvolver, segundo vos comunicamos mediante circular, lista de avisos e anuncio na nosa web, o vindeiro día 15 de maio, no Pazo do Faramello (Rois -  A Coruña). 

Aínda que outras obrigas, lle impiden participar do noso xantar de confraternidade, ten manifestado a súa disposición a participar nos actos de homenaxe e recoñecemento que facemos todolos anos, a:

- Compañeiros falecidos ou xubilados dende o pasado San Isidro

- Compañeiros autores do mellor traballo (proxecto) visado en cada unha das sedes en 2017.

- Os compañeiros, novéis (menos de 3 anos de colexiación), autores do mellor traballo visado en cada unha das sedes en 2017.

- Os compañeiros que dende o pasado San Isidro acabaron os 25 anos de colexiación (Diploma de Prata).

- Os compañeiros que dende o pasado San Isidro acabaron os 50 anos de colexiación (Diploma de Ouro).

Este ano, ademáis, a Xunta de Goberno, na súa reunión do 9 de abril, acordou outorgar unha distrinción a algún compañeiro pola súa relevante achega a calquera eido do noso mundo profesional.

Así pois, coa finalidade de encaixar tanto a nosa programación de actos, como a axenda da Srª Conselleira, imos facer un reaxuste na orde e horario dos actos, quedando como sigue:

- 14:00 horas, "Apertura de Portas".

- 14:15-14:45, horas, Recepción á Srª Conselleira, e entrega de premios e distincións.

- 15:15 horas, xantar de confraternidade.

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal