O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de A Coruña e Pontevedra asinou un convenio coa Axencia Tributaria de Galicia -ATRIGA-, pola que, tras os oportunos trámites, os colexiados poden exercer como colaboradores sociais para a presentación telemática de autoliquidacións.
Aqueles interesados necesitan un certificado dixital recoñecido pola devandita administración para ser identificados, previa tramitación na que deberán presentar un certificado colexial e unha solicitude.
Neste link pódese atopar explicación deste trámite. Unha vez conseguida a autorización, desde o mesmo ligazón pódese acceder a tramitar as autoliquidacións.
Para solicitar un certificado colexial picar aquí.