Enero 2018
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales

PLAN FORMATIVO FUNDACIÓN IDEA 2018

En breve comeza unha nova remesa de cursos a través da Fundación Idea e o Consello Xeral, como sabedes estos cursos son susceptibles de ser bolseiros polo colexio, sempre que non se acollan á tripartita, desde o 50% e ata un máximo de 150 €/ ano e colexiado.

A bolsa solicítase ao finalizar o curso e para iso debedes enviarnos o certificado de aproveitamento do mesmo e factura do pago ou xustificante bancario e un nº de conta con IBAN para facer o ingreso.

Cursos Fundación Idea

 

19-01-17 XORNADAS GMLCAT

Xa temos data para a xornada de GML. Desenvolverase o venres 3 de febreiro en xornada de mañá, na Escola Galega de Administracións Públicas, EGAP en Santiago de Compostela.

 Como se adiantou anteriormente, a xornada ten un prato forte que está baseado na aplicación GMLCAT, que deberiades obter a través do Colexio de Andalucía Occidental (http://agricolas.org/curso-formacion-online-generacion-ficheros-gml/ ), e é precisamente o seu creador con quen vou a contar, de aí a importancia de que esteades familiarizados co programa.

 Como se prevé que seredes moitos, neste punto gustaríame que empezásedes a enviar algunhas das dúbidas que xa se vos expuxeron para ir facendo unha listaxe con elas e tentar tratar eses temas alí. De igual forma convídovos a que me fagades chegar os vosos comentarios/dubidas/queixas respecto da coordinación entre catastro-rexistro-notarías, para coñecer de primeira man as vosas inquietudes e se está na man do colexio, tomar algún tipo de medida.

 O aforamento é grande, pero como sabemos que este tema levanta bastante interese, será condición sine qua non facer a inscrición a través dun mail UNICAMENTE a departamentotecnico@coitagalicia.org , non se atenderán solicitudes que non veñan por esta vía. Deberá especificarase no corpo da mensaxe o nome completo e nº de colexiado.

Podedes enviar as vosas dúbidas/comentarios tamén a este mail e co asunto GMLCAT – Inscripción ou GMLCAT- Comentario segundo corresponda.

 

22-06-17 XORNADAS PRÁCTICAS CAPITALIZACIÓN DE RENDAS

Xornada dobre nas tardes do xoves e venres 27 e 28 de xullo en Santiago, na Escola de administración pública, EGAP. Horario provisional de 4 a 8.
 

Prazas limitadas, cun custo de 25 €, só para colexiados. Para inscribirse hai que enviar debidamente cumprimentado o arquivo adxunto. (departamentotecnico@coitagalicia.org)

Ponente: Gonzalo Brezmes

 

26-08-16 PLAN FORMATIVO FUNDACIÓN IDEA OTOÑO 2016

FORMACIÓN BONIFICADA FUNDACIÓN IDEA:

Cursos para o próximo trimestre da Fundación Idea. Lembrar que son cursos subvencionados ao 50% ata un máximo de 150 €/curso, ano e alumno, sempre que non se solicite pola tripartita.


Esta bolsa solicítase a través do Colexio, pregúntanos, mentres que a tripartita xestiónase directamente con Fundación Idea.

Máis información: Próximos Cursos Idea

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal