Setembro 2019
L M X J V S D
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6
Comunicación con todos los Colegiados
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Conozca nuestras Actividades Profesionales

14-04-16 FORMACIÓN PARA ASESORES EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

A Escola Politécnica de Lugo vai celebrar un curso de formación para asesores de explotacións agrarias, "Capacidades do Asesor en Áreas Rurais. Métodos" que consideramos pode ser de interese.

 Este curso é susceptible de ser bolseiro para os nosos colexiados cun importe de 150 €, á finalización do mesmo, presentando xustificante bancario e certificado de asistencia.

 Máis información no link adxunto.

18-03-16 CURSO ONLINE GML COITA ANDALUCÍA OCCIDENTAL

O Consello Xeral e o Colexio de Andalucía Occidental fan un curso online de GML. Achegamos boletín de inscrición e outra información que nos chegou. 

Link Consello Xeral

18-03-16 CURSOS FUNDACIÓN IDEA

Novos calendarios cursos online do sector agroalimentario da Fundación Idea.

Algúns deles pódense acoller á subvención da Fundación Tripartita, que se xestiona directamente coa Fundación. Para os demais, se sodes colexiados saber que tedes dereito a unha bolsa do 50 % ata 150 ? de máximo. Pregunta no colexio como acceder.


Máis información no link adxunto.

Fundación Idea

 

25-02-16 XORNADAS ULTIMOS CAMBIOS CATASTRO

XORNADAS“ADECUACIÓN AOS CAMBIOS NORMATIVOS E TÉCNICOS SEGUNDO A ÚLTIMA REFORMA LEI DE CATASTRO"

Actualmente non quedan prazas, pero pode haber baixas. Se hai moitos que quedan fóra tentaremos organizar outra, por tanto apúntache igualmente.

Estas xornadas van celebrar o 11 de marzo en horario de mañá. Contaremos coa intervención dun notario e despois de alguén de catastro.

A inscrición farase por orde de chegada e ata completar aforamento. Só é para colexiados.

Aqueles que esteades interesados debedes enviar ao mail departamentotecnico@coitagalicia.org  a inscrición que se adxunta e TODOS os campos cubertos e poñendo no asunto do mail  “xornadas catastro”.

Non envialo como resposta a este correo.

Non se terán en conta inscricións teléfonicas, envíos a outros correos, nin as solicitudes que non estean completamente cubertas, incluída firma.

 

Localización das xornadas:

Como outras veces van celebrarse na Escola de Administración Pública, EGAP, R/ Madrid 2-4, xunto á Área Central, en Santiago de Compostela.

Link da localización = https://goo.gl/maps/qrjPDqJvpUB2

En principio están previstas que se celebren outras xornadas en Pontevedra pero aínda están sen pechar e non podo darvos máis datos.

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal