XORNADAS“ADECUACIÓN AOS CAMBIOS NORMATIVOS E TÉCNICOS SEGUNDO A ÚLTIMA REFORMA LEI DE CATASTRO"
Actualmente non quedan prazas, pero pode haber baixas. Se hai moitos que quedan fóra tentaremos organizar outra, por tanto apúntache igualmente.
Estas xornadas van celebrar o 11 de marzo en horario de mañá. Contaremos coa intervención dun notario e despois de alguén de catastro.
A inscrición farase por orde de chegada e ata completar aforamento. Só é para colexiados.
Aqueles que esteades interesados debedes enviar SÓ ao mail departamentotecnico@coitagalicia.org a inscrición que se adxunta e TODOS os campos cubertos e poñendo no asunto do mail “xornadas catastro”.
Non envialo como resposta a este correo.
Non se terán en conta inscricións teléfonicas, envíos a outros correos, nin as solicitudes que non estean completamente cubertas, incluída firma.
Localización das xornadas:
Como outras veces van celebrarse na Escola de Administración Pública, EGAP, R/ Madrid 2-4, xunto á Área Central, en Santiago de Compostela.
Link da localización = https://goo.gl/maps/qrjPDqJvpUB2
En principio están previstas que se celebren outras xornadas en Pontevedra pero aínda están sen pechar e non podo darvos máis datos.
A FUNDACIÓN IDEA abre prazo aos novos cursos que se desenvolverán nos meses de xaneiro e febreiro.
Algúns deles son susceptibles de acollerse ás bonificacións da Fundación Tripartita. Isto xestiónase directamente coa Fundación.
Os que non se acollan a esta bonificación poden optar á bolsa do colexio que cobre o 50 % da matrícula e ata un máximo de 150 ?/curso e ano. Esta bolsa xestiónase desde o colexio. Pregúntanos.
Para máis información sobre os cursos ir ao link adxunto.
CURSOS FUNDACIÓN IDEA DO ÁMBITO AGROALIMENTARIO
Os cursos están subvencionados polo colexio, só para os nosos colexiados, cun 50 % sobre a matrícula e ata 150 €, sempre que non se acolleron á bonificación tripartita.
Esta bolsa xestiónase a través do colexio, o curso e a bonificación a través de IDEA.
Máis información sobre os cursos no link Fundación Idea
-PECHADO-
Ábrese prazo de inscrición para curso de poda e enxerto en froiteiros e viña. Os interesados deben enviar un mail unicamente a departamentotecnico@coitagalicia.org
onde fagan constar no asunto "curso poda" e acheguen a folla de inscrición correspondente con todos os campos cubertos (achéganse máis abaixo).
Terase en conta a orde de chegada dos correos e só se admitirán non colexiados se non se cobren a totalidade de prazas.
Data límite de inscrición o luns 4 de xaneiro de 2016. Os admitidos serán comunicados por correo electrónico.
Os datos do curso son:
Título: Poda e enxerto en árbores froiteiras e viña
Lugar: Pontevedra
Data: 15 – 16 e 22 – 23 de xaneiro
Nº alumnos: Máximo 25
Custo:
(Enténdese por colexiados unicamente aos pertencentes a este Colexio)
*Colexiados 35 € **Colexiados desempregados: 25 € ***Non colexiados: 70 €
*Aos nosos colexiados pasaráselles o cobro do curso xunto co recibo trimestral das cotas colexiais.
**Os colexiados en situación de desemprego deberán achegar xunto á inscrición a tarxeta do INEM actualizada.
***Os non colexiados abonarán a cantidade unha vez teñan confirmada a asistencia e sempre antes do primeiro día de curso. Ademais enviarán copia do extracto bancario ao mesmo mail de arriba, facendo constar seu nome e "curso poda".