Outubro 2019
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Comunicación con todos los Colegiados
Mejora Continua de los Servicios Colegiales

13-11-15 XORNADAS PERITACIÓN XUDICIAL- INICIACIÓN

XORNADAS ABERTAS SOBRE PERITACIÓN XUDICIAL E QUENDAS DE ACTUACIÓN: PECHADAS

Organízanse dúas xornadas de peritación xudicial de cara as novas listas para 2016.

1.  Pontevedra o sábado 21 de novembro no Palacete de Mendoza, Pza de Santa María s/n en horario de 10 a 13:45.

2. A Coruña o sábado 12 de decembro, aínda por concretar sitio e en horario de mañá.

Son xornadas gratuítas para colexiados e de 30€ non colexiados.

É obrigatorio enviar a ficha de inscrición que se adxunta con TODOS os datos que se requiren cumprimentados, e UNICAMENTE a departamentotecnico@coitagalicia.org.

 Como son prazas limitadas, admitiranse por rigorosa orde de inscrición, con prioridade os nosos colexiados ata cubrir prazas.

Aqueles que se inscriban e non se presenten serán sancionados coa perda de prioridade en próximos cursos.

É importante lembrarvos que son xornadas de iniciación, onde se explicará basicamente os protocolos xudiciais.

18-09-15 CURSO URBANISMO FUNDACIÓN IDEA

CURSO DA FUNDACIÓN IDEA E "UNIVERSIDAD CATÓLICA DE ÁVILA"

Curso online que equivale a 80 horas e 3 créditos ECTs, empezará o 5 de outubro. 

Lembrar que este curso está subvencionado polo colexio ata 150 €.


No link adxunto tedes toda a información.

Curso Urbanismo

29-09-15 CURSO PODA E ENXERTO EN FROITEIROS E VIÑA

PODA E ENXERTO EN FROITEIROS E VIÑA

Dado o interese espertado prevese a organización dun curso de poda e enxerto para principios de 2016.

O curso de 25 horas será impartido en Pontevedra polo compañeiro Benito Carballo, experto na materia; os días previstos son 15,16, 22 e 23 de xaneiro en horario de tarde, aínda por concretar.

Terá un prezo de 70 € non colexiados e 35 € colexiados deste COITA.

Se esperta o suficiente interese o Colexio estudará a posibilidade de becar aos seus colexiados.

Os que estean interesados poden empezar a preinscribirse enviando mail a departamentotecnico@coitagalicia.org ou delegacionpontevedra@coitagalicia.org.

Nos link de abaixo tedes o programa provisional así como a ficha de preinscrición.

11-08-15 PRÓXIMOS CURSOS FUNDACIÓN IDEA

LISTADO CURSOS FUNDACIÓN IDEA PRÓXIMOS MESES.

Aberto o prazo de cursos para setembro e outubro de Fundación Idea. No link adxunto tedes o listado de todos eles, dende o nome accédese a ampliar a información. 

lISTADO CURSOS

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal