Octubre 2020
L M X J V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Comunicación con todos los Colegiados

25-02-16 XORNADAS ULTIMOS CAMBIOS CATASTRO

XORNADAS“ADECUACIÓN AOS CAMBIOS NORMATIVOS E TÉCNICOS SEGUNDO A ÚLTIMA REFORMA LEI DE CATASTRO"

Actualmente non quedan prazas, pero pode haber baixas. Se hai moitos que quedan fóra tentaremos organizar outra, por tanto apúntache igualmente.

Estas xornadas van celebrar o 11 de marzo en horario de mañá. Contaremos coa intervención dun notario e despois de alguén de catastro.

A inscrición farase por orde de chegada e ata completar aforamento. Só é para colexiados.

Aqueles que esteades interesados debedes enviar ao mail departamentotecnico@coitagalicia.org  a inscrición que se adxunta e TODOS os campos cubertos e poñendo no asunto do mail  “xornadas catastro”.

Non envialo como resposta a este correo.

Non se terán en conta inscricións teléfonicas, envíos a outros correos, nin as solicitudes que non estean completamente cubertas, incluída firma.

 

Localización das xornadas:

Como outras veces van celebrarse na Escola de Administración Pública, EGAP, R/ Madrid 2-4, xunto á Área Central, en Santiago de Compostela.

Link da localización = https://goo.gl/maps/qrjPDqJvpUB2

En principio están previstas que se celebren outras xornadas en Pontevedra pero aínda están sen pechar e non podo darvos máis datos.

12-01-16 NOVOS CURSOS ELEARNING FUNDACIÓN IDEA

A FUNDACIÓN IDEA abre prazo aos novos cursos que se desenvolverán nos meses de xaneiro e febreiro.

Algúns deles son susceptibles de acollerse ás bonificacións da Fundación Tripartita. Isto xestiónase directamente coa Fundación.

Os que non se acollan a esta bonificación poden optar á bolsa do colexio que cobre o 50 % da matrícula e ata un máximo de 150 ?/curso e ano. Esta bolsa xestiónase desde o colexio. Pregúntanos.

Para máis información sobre os cursos ir ao link adxunto.

Cursos Idea

11-02-16 CURSOS SECTOR AGROALIMENTARIO FUNDACIÓN IDEA

CURSOS FUNDACIÓN IDEA DO ÁMBITO AGROALIMENTARIO

Os cursos están subvencionados polo colexio, só para os nosos colexiados,  cun 50 % sobre a matrícula e ata 150 €, sempre que non se acolleron á bonificación tripartita.

Esta bolsa xestiónase a través do colexio, o curso e a bonificación a través de IDEA.

Máis información sobre os cursos no link Fundación Idea

14-12-15 ABERTO PLAZO INSCRIPCIÓN CURSO PODA E ENXERTO EN ARBORES FROITEIRAS E VIÑA

-PECHADO-

Ábrese prazo de inscrición para curso de poda e enxerto en froiteiros e viña. Os interesados deben enviar un mail unicamente a departamentotecnico@coitagalicia.org

onde fagan constar no asunto "curso poda" e acheguen a folla de inscrición correspondente con todos os campos cubertos (achéganse máis abaixo).

Terase en conta a orde de chegada dos correos e só se admitirán non colexiados se non se cobren a totalidade de prazas.

Data límite de inscrición o luns 4 de xaneiro de 2016. Os admitidos serán comunicados por correo electrónico.

Os datos do curso son:

Título: Poda e enxerto en árbores froiteiras e viña

Lugar: Pontevedra

Data: 15 – 16 e 22 – 23 de xaneiro

Nº alumnos: Máximo 25

Custo:

(Enténdese por colexiados unicamente aos pertencentes a este Colexio) 

*Colexiados 35 €                **Colexiados desempregados: 25 €                   ***Non colexiados: 70 €

*Aos nosos colexiados pasaráselles o cobro do curso xunto co recibo trimestral das cotas colexiais.

**Os colexiados en situación de desemprego deberán achegar xunto á inscrición a tarxeta do INEM  actualizada.

***Os non colexiados abonarán a cantidade unha vez teñan confirmada a asistencia e sempre antes do primeiro día de curso. Ademais enviarán copia do extracto bancario ao mesmo mail de arriba, facendo constar seu nome e "curso poda".

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal