Octubre 2020
L M X J V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Comunicación con todos los Colegiados
Mejora Continua de los Servicios Colegiales

19-01-17 XORNADAS GMLCAT

Xa temos data para a xornada de GML. Desenvolverase o venres 3 de febreiro en xornada de mañá, na Escola Galega de Administracións Públicas, EGAP en Santiago de Compostela.

 Como se adiantou anteriormente, a xornada ten un prato forte que está baseado na aplicación GMLCAT, que deberiades obter a través do Colexio de Andalucía Occidental (http://agricolas.org/curso-formacion-online-generacion-ficheros-gml/ ), e é precisamente o seu creador con quen vou a contar, de aí a importancia de que esteades familiarizados co programa.

 Como se prevé que seredes moitos, neste punto gustaríame que empezásedes a enviar algunhas das dúbidas que xa se vos expuxeron para ir facendo unha listaxe con elas e tentar tratar eses temas alí. De igual forma convídovos a que me fagades chegar os vosos comentarios/dubidas/queixas respecto da coordinación entre catastro-rexistro-notarías, para coñecer de primeira man as vosas inquietudes e se está na man do colexio, tomar algún tipo de medida.

 O aforamento é grande, pero como sabemos que este tema levanta bastante interese, será condición sine qua non facer a inscrición a través dun mail UNICAMENTE a departamentotecnico@coitagalicia.org , non se atenderán solicitudes que non veñan por esta vía. Deberá especificarase no corpo da mensaxe o nome completo e nº de colexiado.

Podedes enviar as vosas dúbidas/comentarios tamén a este mail e co asunto GMLCAT – Inscripción ou GMLCAT- Comentario segundo corresponda.

 

13-06-16 CURSO ASESORAMENTO ACONSELLAMENTO

Trátase da segunda edición do primeiro curso para asesores, dun total de 6 que se pretenden impartir ao longo dun ano.

Vai destinado aos profesionais que exercen funcións de asesoramento ás explotacións agrarias e forestais de Galicia e impártese de acordo cos estándares e coa certificación de CECRA, órgano europeo que estableceu estándares para a formación dos asesores rurais. Como sabedes, para que as entidades de aconsellamento poidan recibir as axudas europeas para esta función, os seus asesores han de recibir formación contínua e periódica, por iso é tan importante esta iniciativa de ofrecer formación aos asesores, sobre todo nos aspectos básicos e metodolóxicos que precisan estes profesionais para o mellor desenvolvemento da súa actividade.

Do mesmo xeito que a outra vez, se becará este curso cun máximo de 150 €/colexiado e ano. Para iso, unha vez finalizado, debedes enviarnos o certificado de asistencia  e o xustificante de pago do mesmo e remitirállevos un cheque.

Adxunta toda a documentación. Xestiónase directamente coa politécnica.

 

26-08-16 PLAN FORMATIVO FUNDACIÓN IDEA OTOÑO 2016

FORMACIÓN BONIFICADA FUNDACIÓN IDEA:

Cursos para o próximo trimestre da Fundación Idea. Lembrar que son cursos subvencionados ao 50% ata un máximo de 150 €/curso, ano e alumno, sempre que non se solicite pola tripartita.


Esta bolsa solicítase a través do Colexio, pregúntanos, mentres que a tripartita xestiónase directamente con Fundación Idea.

Máis información: Próximos Cursos Idea

23-05-16 NOVA XORNADA MODIFICACIONES LEY HIPOTECARIA Y DE CATASTRO

Por fin temos data para unha nova e última xornada co nome “Adecuación aos cambios normativos e técnicos segundo a última reforma lei de catastro”. Vémonos obrigados a celebralas de novo en Santiago dado que, por unha banda non foi posible contar coa participación da delegación de Catastro de Pontevedra, e doutra banda seguía habendo demanda de ambas as provincias.

Como a outra vez, primeiro contarase coa intervención dun notario e logo de alguén da xerencia de catastro.

A data será o luns 13 de xuño ás 9:15 na EGAP, toda a mañá. Só 30 admitidos.

Rógovos confirmédesme a vosa asistencia canto antes. Para iso debedes enviar UNICAMENTE ao mail "departamentotecnico@coitagalicia.org" a inscrición adxunta co asunto “incripción catastro”. Só os nosos colexiados.

As prazas son limitadas por tanto será por rigorosa orde de chegada.  QUEN NON ENCHA TODOS OS CAMPOS QUEDARÁ FÓRA.

Se a demanda cóbrese enseguida, tentarase cambiar a unha aula maior se fose posible.

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal