O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de A Coruña e Pontevedra asinou o 6 de xullo de 2020 un convenio coa Axencia Tributaria de Galicia -ATRIGA-, pola que, tras os oportunos trámites, os colexiados poden exercer como colaboradores sociais para a presentación telemática de autoliquidacións.
Aqueles interesados necesitan un certificado dixital recoñecido pola devandita administración para ser identificados, previa tramitación na que deberán presentar un certificado colexial e unha solicitude.
Neste link pódese atopar explicación deste trámite. Unha vez conseguida a autorización, desde o mesmo ligazón pódese acceder a tramitar as autoliquidacións.
Para solicitar un certificado colexial picar aquí.
Toda tramitación, como profesional, relacionada con la ATRIGA deberá llevarse a cabo siendo colaborador social y de forma telemática desde ahora.
A forte incidencia da pandemia das últimas semanas, con gran aumento de contagios diarios, obrigou ás autoridades á toma de medidas máis restritivas.
Así, o martes saíron publicados no D.O.G. un decreto e unha orde nos que se limita aínda máis á mobilidade.
Aínda que estas medidas non afectan en exceso á actividade colexial, si queremos incidir nalgunhas das que xa viñan levándose a cabo.
Se adxunta escrito explicativo e ínstase a todos a limitar os contactos persoais así como a extremar as medidas preventivas habituais.
Ter coidado.
O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de A Coruña e Pontevedra asinou o 6 de xullo de 2020 un convenio coa Axencia Tributaria de Galicia -ATRIGA-, pola que, tras os oportunos trámites, os colexiados poden exercer como colaboradores sociais para a presentación telemática de autoliquidacións.
Aqueles interesados necesitan un certificado dixital recoñecido pola devandita administración para ser identificados, previa tramitación na que deberán presentar un certificado colexial e unha solicitude.
Neste link pódese atopar explicación deste trámite. Unha vez conseguida a autorización, desde o mesmo ligazón pódese acceder a tramitar as autoliquidacións.
Para solicitar un certificado colexial picar aquí.
Toda tramitación, como profesional, relacionada coa ATRIGA deberá levar a cabo sendo colaborador social e de forma telemática desde agora.
O proximo luns 21 de decembro celebrarase a 2ª Asemblea Xeral Ordinaria de 2020 que por razóns obvias volve ser online.
Na convocatoria adxunta achéganse de novo as instrucións para participar na mesma, lembrar que hai que solicitar acceso e deberiades poder facelo desde calquera dispositivo.
O borrador da asemblea anterior está á vosa disposición nesta noticia accedendo a través do roteiro colexiados-comunicados-convocatorias.
Lembrar que aínda que non é obrigatorio, si debería ser un deber ineludible de todos os colexiados.