Junio 2020
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
Comunicación con todos los Colegiados
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Conozca nuestras Actividades Profesionales

13-06-18 CASA RURAL ASTURIAS PARA COLEXIADOS

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Asturias ven de asinar un convenio de colaboración o concello de San Martín de Oscos, para a cesión do Albergue de Ventosa.

E unha vez asinado o devandito convenio, pon o citado albergue ao dispor dos seus colexiados, e ao través do Consejo General, do resto dos colexiados dos distintos colexios territoriais do estado.

Semella que pal e como nos contan no documento adxunto, pode ser unha oferta atractiva para algúns de nos, e como tal a poñemos no voso coñecemento.

San Martín de Oscos googlemaps

16-05-18 SAN ISIDRO 2018 NO PAZO DE FARAMELLO

Onte celebramos a comida de fraternidade no Pazo de Faramello (Rois), onde os asistentes gozamos dun día moi agradable, nunha contorna inmellorable. 

Este ano tivemos a sorte de contar coa presenza da Sra. Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que ademais participou activamente na nosa entrega anual de premios e recoñecementos, dedicándonos unhas palabras.

Achéganse as ligazóns ás publicacións e notas de prensa do acto.

Xunta de Galicia

La Voz de Galicia

El Correo Gallego

 

13-06-18 ALEGACIÓNS PROXECTO ORDE CATASTRO

Apertura de prazo de información pública do "Proyecto de Orden HFP/XX2018, de XX de XX, por la que se aprueba el modelo de declaración de alteraciones catastrales de los bienes inmuebles y se determina la información gráfica y alfanumérica necesaria para la tramitación de determinadas comunicaciones catastrales".

O proxecto da referida orde se pode atopar na seguinte ligazón.

Nesa mesma ligazón atopamos o enderezo de correo-e normativa.dgc@catastro.minhafp.es, no que facer as vosas aportacións.
O prazo para presentación de alegacións remata o vindeiro 26/06/2018.

De todos xeitos, gustaríanos que todos aqueles que fagades achegas, nolas fixerades chegar ao enderezo colegio@coitagalicia.org ao fin de poderllas trasladar ao Consejo General para a preparación dunhas achegas conxuntas, a nivel nacional. Para iso, tedes como data límite o luns 18/06/2018.

08-05-18 NOVAS NA AXENDA DO SAN ISIDRO 2018

Este ano, cursámoslle invitación á Conselleira do Medio Rural para que asistira, se lle encaixaba na súa axenda, aos actos de conmemoración da festividade do noso Patrón, San Isidro, a desenvolver, segundo vos comunicamos mediante circular, lista de avisos e anuncio na nosa web, o vindeiro día 15 de maio, no Pazo do Faramello (Rois -  A Coruña). 

Aínda que outras obrigas, lle impiden participar do noso xantar de confraternidade, ten manifestado a súa disposición a participar nos actos de homenaxe e recoñecemento que facemos todolos anos, a:

- Compañeiros falecidos ou xubilados dende o pasado San Isidro

- Compañeiros autores do mellor traballo (proxecto) visado en cada unha das sedes en 2017.

- Os compañeiros, novéis (menos de 3 anos de colexiación), autores do mellor traballo visado en cada unha das sedes en 2017.

- Os compañeiros que dende o pasado San Isidro acabaron os 25 anos de colexiación (Diploma de Prata).

- Os compañeiros que dende o pasado San Isidro acabaron os 50 anos de colexiación (Diploma de Ouro).

Este ano, ademáis, a Xunta de Goberno, na súa reunión do 9 de abril, acordou outorgar unha distrinción a algún compañeiro pola súa relevante achega a calquera eido do noso mundo profesional.

Así pois, coa finalidade de encaixar tanto a nosa programación de actos, como a axenda da Srª Conselleira, imos facer un reaxuste na orde e horario dos actos, quedando como sigue:

- 14:00 horas, "Apertura de Portas".

- 14:15-14:45, horas, Recepción á Srª Conselleira, e entrega de premios e distincións.

- 15:15 horas, xantar de confraternidade.

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal