Octubre 2020
L M X J V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales

250520 COVID19-COLEXIO IX - GALICIA FASE 2 - CAMBIOS LEXISLATIVOS

          #COVID19-COLEXIO

Xa inmersos nunha nova fase, parece que empezamos a ver a luz despois de todo.

Estes pequenos pasos sempre van acompañados das consecuentes adaptacións e cambios lexislativos.

Nesta ocasión achegámosvos o que supón para todos o entrar nesta nova fase, con gran parte da actividade comercial funcionando, aínda con restricións e con requisitos preventivos obrigatorios para todos.

Nos arquivos adxuntos tedes parte desa normativa.

Xa vai quedando menos!!

120520 COVID19-COLEXIO VIII FASE I

#COVID19-COLEXIO

Por fin estamos na fase 1, temos esa sorte, o que conleva unha serie de cambios.

Este novo artigo vén ao caso para informarvos destes novos cambios a nivel normativo e a nivel funcionamento colexial.

Mantemos o traballo fundamentalmente a distancia, polo que podedes contactarnos a todos por mail e nos teléfonos habituais.

O escrito colexial matízavos este funcionamento e algunha aclaración sobre os cambios normativos directa ou indirectamente relacionados co estado de alarma.

Achéganse tamén os links de descarga a algunhas destas normas.

Estamos no camiño.

 

250520 COVID19-COLEXIO IX - GALICIA FASE 2

          #COVID19-COLEXIO

                    FASE 2

Desde hoxe toda a rexión está nunha nova fase de desescalada por tanto merece que nos dirixamos a todos e comentémosvos que isto supón de novo certos cambios para incorporar á tan mencionada "nova normalidade".

Este é o primeiro de tres artigos abonados, en gran parte, polos novos horizontes que van xurdindo.

Neste primeiro unha nova remesa de arquivos adxuntos encabezado polo tradicional escrito colexial, de interese para todos por informar do noso día a día, seguido de normativas relacionadas coa profesión directamente e un modelo de declaración responsable por se fose necesario para algún de vós.

Seguidamente outro coas lexislacións que xorden directamente do estado de alarma e para todos os cidadáns e finalmente está o que nos achegará a ultímaa actualidade de Unión Profesional.

Benvidos á fase 2


 

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal