Julio 2020
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Comunicación con todos los Colegiados
Mejora Continua de los Servicios Colegiales

290620-COVID19-COLEXIO XI - NOVA NORMALIDADE

# COVID19-COLEXIO

NORMALIDADE

Despedímonos desta era de información excesiva e deste estado de alarma, esperamos que primeiro e último.

Como noutras ocasións, unha remesa de adxuntos coa nova lexislación, estatal e autonómica xurdida do novo estado de normalidade, oxalá que transitorio e breve, xunto coas medidas sociais de protección para autónomos.

Finalmente dúas ordes relacionadas cos anticipos de PAC e FEADER- CMR.

Esta situación tan anormal acabará, e en calquera caso, afaremos adoptar medidas que pasarán a formar parte dunha nova rutina.

A nosa solidariedade e agarimo para os familiares e amigos que nos deixaron nesta maltreita viaxe, con especial recordo aos que foron compañeiros.

     Non nos relaxemos.

 

250520 ACTUALIDADE CON UNIÓN PROFESIONAL, ESPECIAL COVID 19

         #COVID19-COLEXIO

Desde Unión Profesional queren trasladarnos unha seria de conclusións e intencións a modo de Manifesto no que dan un merecido agradecemento en primeiro lugar ás profesións do ámbito sanitario.

Así mesmo resaltan a necesidade de aprender do ocorrido e reaccionar respecto diso.

Destacan ademais o papel que terán os profesionais no rexurdir que se aveciña e o papel dos colexios profesionais como pontes de ligazón coas administracións e mesmo resto de profesións non colexiadas ou non adheridas a UP.
Achégase pois o manifesto e unha breve guía de actuación das profesións fronte ao COVID.

Doutra banda, por primeira vez na súa historia, quizais como exemplo evidente desta nova realidade, a revista que UP edita, "Profesións" só sairá en formato online. Se estades interesados nela, picar aquí.

COVID19-COLEXIO X - GALICIA FASE 3

#COVID19-COLEXIO

FASE 3

Entramos de novo nunha nova fase da desescalada a unha situación máis normalizada.

Prodúcense por tanto unha serie de cambios lexislativos, deixando atrás algunhas restricións, pero sen relaxarnos dos protocolos de prevención.

Como en ocasións anteriores achegámosvos un novo escrito colexial con algúns temas importantes, así como un escrito coas normas para seguir coa continuación da actividade colexial presencial para final de mes, xa na nova sede. Con todo, aconséllase que sempre que sexa posible mantéñanse os contactos telemáticos e se non houbese outra posibilidade, débese serguir coa cita previa. Todo isto podedes lelo nos arquivos adxuntos así como os mencionados cambios lexislativos.

Doutra banda e ao final de todo, achéganse tamén os arquivos referentes a normativas relacionadas exclusívamente co noso ámbito profesional.

     Cada vez máis preto do final.

250520 COVID19-COLEXIO IX - GALICIA FASE 2 - CAMBIOS LEXISLATIVOS

          #COVID19-COLEXIO

Xa inmersos nunha nova fase, parece que empezamos a ver a luz despois de todo.

Estes pequenos pasos sempre van acompañados das consecuentes adaptacións e cambios lexislativos.

Nesta ocasión achegámosvos o que supón para todos o entrar nesta nova fase, con gran parte da actividade comercial funcionando, aínda con restricións e con requisitos preventivos obrigatorios para todos.

Nos arquivos adxuntos tedes parte desa normativa.

Xa vai quedando menos!!

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal