Febreiro 2018
L M X J V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 1 2 3 4
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales

020218 SONDAXE PLAN FORMATIVO 2018

Como todos os anos empezamos a sondaxe para a formación deste ano. Entre as intencións do colexio está poder dar por fin o solicitado curso sobre herdanzas.Tamén está entre as nosas intencións tentar facer xornadas ou cursos dos seguintes ámbitos:

- Iniciación a peritación xudicial

- Tramitacións con catastro/notarías/rexistro_ GMLcat

- Revit

- Dirección de obra: documental

- Dirección de execución de obra: problemas prácticos, probas formigón, patoloxías...

- Coordinación de seguridade e saúde: non se trata do curso de coordinador, senón dunhas xornadas de como cumprimentar a documentación pertinente e cubrir a coordinación

- Protección de datos

Pídovos que me comuniquedes (departamentotecnico@coitagalicia.org) os vosos intereses para saber tanto se os cursos propostos contan co voso interese, coma se interésavos algún outro non contemplado, de ser así facernos as vosas propostas e se hai interese suficiente organizarase.

Como sempre se tentará que sexan cursos a custo cero ou bolseiros, previa finalización do mesmo e con asistencia suficiente.

 

23-01-18 XORNADAS GUÍA DE COR E MATERIAIS DE GALICIA

No marco da Estratexia da Paisaxe Galega, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, elaborou unha Guía de cores e materiais de Galicia, que ten por obxecto proporcionar uns criterios e directrices técnicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas, rururbanas e rurais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia.

 

O documento elaborado constitúe un primeiro paso, co que se pretende recoller o parecer de diferentes sectores públicos e privados, para avanzar na conformación final da guía, así como concretar o alcance normativo que vaia ter, na procura do maior consenso posible.

 

Por ese motivo, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, organiza varias xornadas de presentación da Guía de cor e materiais de Galicia, abertas a todos os profesionais e cidadáns interesados na mesma.

Xúntanse as invitacións coas datas e lugares de celebración de ditas xornadas.

A confirmación de asistencia realizarase no correo electrónico secretaria.iet@xunta.gal ou nos teléfonos 981-541 755 / 56.

A CORUÑA… ……data 05.02.18-Lugar: Fundación Laboral de la Construcción.Polígono Sabón, parcela 131 a. Arteixo

LUGO ………….….data 29.01.18-Lugar: Fundación Laboral da Construcción. San Xoan do Alto, s/n. Vilaesteve

OURENSE…….….data19.02.18 -Lugar: Asociación de empresarios. Rúa Padilla, 1-3. Ourense

PONTEVEDRA…..data 07.02.18 -Lugar: Fundación Laboral de la Construcción.Camiño da Raposeira, 24. Vigo

 

REGULAMENTO INTALACIÓNS PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS

En xuño pasado saíu publicado o  Real Decreto 513/2017 que regula as instalacións de protección contra incendios e que xa é de aplicación. 

O Ministerio de Economía, Industria y Competitividad deseñou ademáis unha Guía Técnica de Aplicación coa explicativa pertinente, estando dispoñible a Versión I. 

Esta medida que afectará á redacción dos novos proxectos, repercutirá, por tanto, no proceso de visado, sendo obrigatoria a súa inclusión nos casos que sexa preceptivo.

 

 

 

01-18 COLEXIACIÓN NOVOS GRADUADOS

É importante que os recentemente titulados saiban onde dirixirse e a que Colexio profesional pertenecen. 

No caso dos Graos en Enxeñería do Medio Rural ou Agroalimentario e demáis titulacións habilitadas para exercer a Enseñería Técnica Agrícola, nese caso debes dirixirche ao Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas correspondente.

En Galicia somos tres COITA, o da Coruña e Pontevedra, o de Lugo e o de Ourense.

A continuación no link, desde a web do Consello Xeral de Colexios Oficiais éntrase moito máis en detalle.

Este vídeo promocional resúmeo todo

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal