ES

Noticias y novedades

Miércoles, 08 Mayo 2024 12:37

SAN ISIDRO 2024

Valora este artículo
(0 votos)
Como todos sabedes, o vindeiro 15 de maio, como tódolos anos, agás en anos de “pandemia”, celebraremos a festividade do noso santo patrón, San Isidro Labrador. Na derradeira xuntanza da xunta de goberno (o pasado día 18/03) acordamos volver celebralo no Pazo do Faramello. Así pois, o 15 de maio faremos a nosa celebración no Pazo do Faramello (O Faramello – ROIS (15980 – A Coruña). O xantar de confraternidade será ás 15:00 h, comezando o “cóctel de benvida”, ás 14:15 h. Con anterioridade, os que así o desexedes podedes participar nunha visita guiada polo Pazo que comezará ás 13:00 h. Os que desexedes asistir, tanto ao xantar como á visita guiada polo Pazo, teredes que vos apuntar como moito tardar o venres 10 de maio, ás 15:00 h. (enviando mail ou chamándo aos teléfonos 981 22 60 27 - 986 846 117 - 698 198 201) O menú consistirá en: - Cóctel de benvida (xamón ibérico D.O. ao corte, queixos D.O. variados, empanada/s tradicional/is galega/s, polbo á feira, canapés e croquetas de xamón...) - Gambas vermellas á prancha. - Sorbete de limón verde ao gin. - Entrecosto de tenreira con pataca asada e cogomelos con trigueros. - Milfollas de crema e nata con xeado. Viños: Branco D.O. Rías Baixas, Tintos D.O. Rioja e Monterrei e Cava (D.O.). Café e infusións ecolóxicas e augardentes. O custe do cuberto para colexiados será, un ano máis (e polo momento), por conta do Colexio, mentres para os acompañantes será de 65€ IVE, incluído. Á sobremesa, como tódolos anos, se fará un recordatorio dos compañeiros e compañeiras que nos teñen deixado desde o pasado San Isidro, e a entrega de distincións aos compañeiros e compañeiras que teñen cumprido 25 e 50 anos de colexiación mais a entrega de premio aos mellores traballos do último ano, si non se declara deserto.
Visto 100 veces

Noticias

  • RECETA FITOSANITARIA
    Desde hace tiempo los colegios de ITA venimos reclamando la necesidad del uso de una receta fitosanitaria, similar a la…
  • Recordatorio Celebración San Isidro 2024
    Recordar que como cada 15 de mayo celebramos la comida de fraternidad con la excusa del San Isidro. De nuevo…
  • SAN ISIDRO 2024
    SAN ISIDRO 2024 Como todos sabedes, o vindeiro 15 de maio, como tódolos anos, agás en anos de “pandemia”, celebraremos a festividade do…

Noticias externas