GL

Benvido/a a COITA A Coruña/Pontevedra

Dende esta portada do noso sitio web “www.coitagalicia.org”, quero dar a benvida a todos aqueles que dun ou doutro xeito teñan interese na Enxeñaría Técnica Agrícola.
A Enxeñaría Técnica Agrícola é unha profesión regulada que tén 159 anos de antigüidade; e o noso Colexio (COITAAC) ten cumpridos, en 2014, 80 anos dende a súa fundación en Carballo (A Coruña), como Colegio Pericial Agronómico de La Coruña.
Este COITAAC acolle, na actualidade, a tódolos Peritos e Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, colexiados, que teñen o seu domicilio profesional, e/ou principal, en A Coruña e Pontevedra.

Especialmente, quero dar a benvida a aqueles compañeiros e compañeiras que nunca estiveron colexiados, ou que o estiveron e por diversas razóns abandonaron o Colexio, e, sobre todo, aos novos titulados nos graos en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias da USC, e aos graduados nas titulacións equivalentes de calquera universidade do Estado, e da UE, xa que son estas titulacións as que neste momento habilitan para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola.

Na actualidade a colexiación, mentres non se aprobe a nova “Ley de Servicios y Colegios Profesionales”, segue a ser obrigatoria, para todos aqueles enxeñeiros técnicos agrícolas que exerzan a profesión, ou para os que a posesión da titulación habilitante fora requisito para o acceso ao seu posto de traballo.

Tamén na actualidade, a nosa profesión, como moitas outras, aparte dos cambios normativos pasados (leis "ómnibus" e "paraguas", etc.) e os que derivarán de eses, está a sofrir os envites da crise que toda a sociedade está a padecer. Pese a iso, a nosa consideración é que non somos das profesións máis castigadas ..., polo menos non o somos máis que o sector productivo para o que principalmente temos a honra de traballar. Ese sector productivo, o agrario, no sentido amplo do termo, que aínda que case sempre é mal tratado, é imprescindible para a sociedade actual e a futura, como garante da nosa mantenza e do mantemento do medio rural, e do medio ambiente.

Este, que é obxectivamente, un bo dato, en favor da nosa profesión ponnos no punto de mira doutros profesionais, que se ben no novo marco normativo, non se lles poden discutir certas atribucións, no noso eido profesional, non poden pretenderen telas partindo de premisas excluintes, como case sempre fan ...

Seguimos a termos as competencias que nos outorga o noso paso pola universidade, e as mesmas atribucións, dende 1986, coa promulgación da Ley de atribuciones profesionales de los ingenieros técnicos, incrementadas, incluso, polos últimos cambios lexislativos en materia de servizos, e certa xurisprudencia. Plenas no noso eido de actividade, e condicionadas, pero relativamente amplas fora del.

Son as consecuencias reáis, afortunadas ou non, segundo para quen, da case total proscrición de reservas de actividade, se ben aínda quedan algunhas.

Os nosos clientes reáis, e moitos potenciáis, xa nos coñecen, e saben o que lles podemos ofrecer, pois levamos 159 anos ao servizo da sociedade, e cos nosos erros, como todos, considero temos un ben gañado prestixio que con esforzo, e bo facer, temos que manter e incrementar.

É para esa loita que o COITAAC, mantén a cotío, que necesitamos que os que estamos sigamos unidos, e que os que poden vir se xunten con nós. Cantos máis e máis unidos sexamos, máis lonxe poderemos chegarmos en tódalas ordes.

Así pois, e xa como remate desta benvida, só me queda pedirvos que vos acheguedes a esta organización para contaxiarnos a vosa forza, e brindarnos as vosas suxestións e, sobre de todo o voso apoio. E aos nosos competidores que a competencia sexa libre, pero leal, sen falsas superioridades nin falsos descréditos; os usuarios dos servicios de calquera profesional deben poderen elixiren sen enganos.

 

Rafael J. Muiños Moreno.
  El Presidente COITAAC