Septiembre 2021
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Mejora Continua de los Servicios Colegiales

ENXEÑERÍA AGRÍCOLA E COLEXIACIÓN

Co título de "Ingeniería Agrícola, mucho más de lo que imaginas..." o Consello Xeral fixo un vídeo divulgativo sobre a profesión e a colexiación que vos trasladamos neste artigo.

É importante visibilizar a profesión e os seus versátiles e amplas posibilidades de mercado presente e futuro.

Desde o Colexio convidámosvos a velo e a que lle deades difusión, non só para impulsar a profesión, senón para dar a coñecer a importancia e presenza do noso labor en gran parte das actividades máis relevantes da sociedade.

 

WEBINAR LEI DE RECUPERACIÓN DA TERRA AGRARIA GALEGA

      A falta de aprobación parlamentaria, hai encima da mesa un proxecto de Lei de recuperación dá terra agraria de Galicia, que, como enxeñeiros no rural, pode interesarnos enormemente. Neste sentido, desde AGADER, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, concretamente da man da súa Directora Xeral, Dna. Inés Santé Riveira, ofrecéronnos unha charla online explicativa da Lei que se celebrará, salvo cambios de última hora, o próximo 24 de marzo ás 17:30 horas.

É importante que contasen connosco e poder coñecer de primeira man o contido da norma.

Os interesados poden inscribirse enviando un mail a "departamentotecnico@coitagalicia.org"; xa que a ese mail enviarásevos a ligazón onde podedes seguir a charla, así como o contrasinal de acceso.

 

HORARIO DE VERÁN

Desde o 1 de xuño e ata o 30 de setembro as oficinas do colexio cambian ao horario de verán, é dicir de 9 a 15 horas. Recoméndase sempre contactar previamente nos teléfonos habituais.

WEBINAR DEROGACIÓN R.D. NITRATOS

     El Ministerio para la Transicion Ecologica y Reto Demográfico esta preparando a derrogación do RD 261/1996 (nitratos).

En relación a isto vaise a celebrar un webinar o martes 9 de marzo, a partir das 11:30 am (para poder empezar puntuais rógase iniciar a conexión á plataforma con algúns minutos de antelación).

Contará coa participación do Secretario de Estado de Medio Ambiente e do Director General del Agua, entre outros invitados, e durante o evento explicaranse as estratexias para combater a contaminación difusa por nitratos en España e detallaranse as características do borrador do novo real decreto, finalizando cunha fase de diálogo e debate cos participantes da xornada. Achégase programa.

Para conectarse ao seminario virtual é preciso inscribirse previamente usando esta ligazón.

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal