Outubro 2021
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Mejora Continua de los Servicios Colegiales
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales

FERMOSISMO GALEGO

Púxose en marcha, por parte da XUNTA DE GALICIA, unha campaña de potenciación da paisaxe arquitectónica galego para facer fronte ao coñecido como FEISMO dando valor e buscando harmonizar o acabado arquitectónico e paisaxístico galego.

Preséntovos FERMOSISMO, clickando nesta web podedes atopar varios enlaces relacionados.

Moi recomendable botar unha ollada polo menos. 

CURSO QGIS INICIO INMINENTE

Como xa sabedes o colexio vai celebrar un curso online de QGIS impartido pola empresa IMASGAL.
Aínda que haberá clases en directo, tamén se poden seguir no horario que máis se adecúe en cada momento.
Son 50 horas de formación, dedicadas unha parte a temas GIS máis de iniciación, unhas 25 e outro tanto a profundar máis.
O horario de clases en directo será pola tarde a partir do 7 tres días en semana a partir do 19 de outubro, martes.

QGIS 1_ INICIACIÓN

* CLASES: Os días 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de outubro e 3, 4, 9 e 10 de novembro en horario de 19:00 a 21:30 h.

* TITORÍAS: Os días 22, 25 e 29 de outubro e 5, 11, 16, 17 e 18 de novembro en horario de 19:00 a 21:30 h.

QGIS 2_MEDIO

* CLASES: Os días 23, 24, 25 e 30 de novembro e 1, 2, 9, 14, 15 e 16 de decembro en horario de 19:00 a 21:30 h.

* TITORÍAS: Os días 26 e 29 de novembro e 3, 10, 17, 20, 24 e 27 de decembro en horario de 19:00 a 21:30 h.

O curso é susceptible de ser bolseiro polo colexio a maiorese e o prezo do mesmo é de 254 € SÓ PARA COLEXIADOS. Non colexiados serían 340 e sen bolsa, loxicamente. Se houbese un número alto de colexiados esa cifra podería variar.

Os interesados debedes enviarnos un mail a "departamentotecnico@coitagalicia.org";. Data límite de inscrición o día do inicio do curso.

PROXECTO R.D. GRANXA BOVINAS

Até o 10 de novembro pódense enviar alegacións para o PROXECTO DE REAL DECRETO   --- /2021, POLO QUE SE ESTABLECEN NORMAS BÁSICAS DE ORDENACIÓN DAS GRANXAS BOVINAS.

No enlace tedes como facer alegacións e si facédesnos chegar ás vosas propostas antes do 29.10.21, tentarase elaborar un documento conxunto, unha vez estúdense as mesmas detidamente.

ENXEÑERÍA AGRÍCOLA E COLEXIACIÓN

Co título de "Ingeniería Agrícola, mucho más de lo que imaginas..." o Consello Xeral fixo un vídeo divulgativo sobre a profesión e a colexiación que vos trasladamos neste artigo.

É importante visibilizar a profesión e os seus versátiles e amplas posibilidades de mercado presente e futuro.

Desde o Colexio convidámosvos a velo e a que lle deades difusión, non só para impulsar a profesión, senón para dar a coñecer a importancia e presenza do noso labor en gran parte das actividades máis relevantes da sociedade.

 

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal